O Concello de Rábade convoca o XVIConcurso de Postais Navideñas 2022.
Os debuxos gañadores serándesignados coma a Postal Navideña do Concello, que anualmente se envía parafelicitar o Nadal a tódol@s veciñ@s.
BASES POLAS QUE SE REGULA OCONCURSO
PRIMEIRA
Participantes
Poderán participar no concursocalquera nen@ interesad@
entre 3 e 14 anos en tres categorías:
categoría A: de 3 a 5 anos
categoría B: de 6 a 9 anos
categoría C: de 10 a 14 anos
SEGUNDA
Tema
O tema do debuxo será libre,coa necesaria incorporación de referencias ao Nadal.
TERCEIRA
Técnicas, materiais e formato
Os concursantes poderánempregar calquera técnica sobre o material que estimen oportuno (papel,cartón¿)en formato A4, sen enmarcar e aportando o orixinal
CUARTA
Xurado
O xurado estará integrado porrepresentantes do Concello, do Colexio ¿Otero Pedraio¿ e do I.E.S ¿Río Miño¿
QUINTA
Criterios de valoración
O xurado valoraráprincipalmente a orixinalidade e a creatividade dos debuxos presentados
SEXTA
Premios por categoría
1º premio: Vale de 60 €
2º premio: Vale de 40 €
3º premio: Vale de 20 €
Os vales deberán ser usados nocomercio de Rábade
SÉTIMA
Fallo do xurado
O fallo do xurado farasepúblico antes do día 9 de decembro
OITAVA
Data e Modalidade de entrega dedebuxos
A data tope para a entrega do debuxo será o 30 de novembro. Osdebuxos poderán entregarse nun sobre e cos seguintes datos: nome e apelidos,idade e un teléfono de contacto no colexio ¿ Otero Pedraio¿, no I.E.S ¿RíoMiño¿ ou no Departamento de Cultura e Deporte do Concello.
NOVENA
Utilización dos debuxos
Tódolos debuxos recibidos seránexpostos no Concello de Rábade no Nadal. Os gañador@s dos primeiros premiosceden expresamente o dereito de utilización e reproducción dos seus debuxospara a felicitación oficial do Concello.
DÉCIMA
Aceptación das bases
A mera participación noconcurso implica a plena aceptación destas bases.