Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidad

CARNAVAL 2023

O Concello deRábade organiza dous actos para a celebración do ENTROIDO.

  • Luns 20 de febreiro: Festa Infantil no Centro Sociocultural de 17:00h a 20:30h. Trátase de que os máis pequenos e pequenas pasen unha tarde agradable e se divirtan bailando e xogando. Haberá merenda para todas e todos os asistentes.     
  • Martes 21 de febreiro: Concurso e Desfile de Disfraces na Prazuela ás 17:00h, Baile e KARAOKE con música en directo co grupo LA DISQUETERA .
  •  As  inscricións para o Concurso faranse na mesma praza ás 16:00h.
  • Se queres participar no Karaoke manda o teu nome e dirección a asociocultural@rabade.org e enviarémosche a listaxe das cancións para que escollas a túa preferida!

Ó remate do desfilee gracias a colaboración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade haberádegustación de postres típicos do entroido para todas e todos os asistentes.

ENTROIDO 2023
BASES DO CONCURSO E DESFILE DE DISFRACES CATEGORÍAS 
1ª. O Concello de Rábade convoca o tradicional concurso e desfile de disfraces coas seguintes categorías:
·         Comparsas (adultos e infantís)
·         Parellas ou Individuais (adultos e infantís)
Con motivo do Entroido 2023, celebrarase o martes 21 de febreiro a partir das 17:00 horas o concurso e desfile de disfraces que terá lugar na praza de España.
As bases estarán disponibles na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade e en www.concellorabade.es.
PARTICIPACIÓN 
. A participación queda aberta a tódalas asociacións, colexios, persoas e colectivos que  o desexen.
A inscrición dos participantes farase o mesmo día  21 dende ás 16:00 h ata as 16:45 horas, aportando o nome do disfrace ou comparsa, nome, apelidos e D.N.I.
Tódolos participantes deberán asinar unha autorización para dar o consentimento de cesión dos dereitos  das fotos para publicar as mesmas nos  distintos programas organizados polo Concello.
Os menores de idade aportarán os datos da persoa que os representa.
DISTRIBUCIÓN DAS MODALIDADES 
. As modalidades nas que poderán participar son:
·         COMPARSAS:
o   Adultos: Considérase comparsa  aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas maiores, todas elas, de 17 anos ou aquelas comparsas que non reunan os requisitos para entrar na categoría de infantís.
o   Infantís: Considérase comparsa infantil aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas nas que as catro quintas partes sexan menores de 17 anos.  
·         PARELLAS ou INDIVIDUAIS: : participantes nas dúas categorías (adultos e infantís), que pola súa condición requiran presentarse xuntos e teñan a temática do seu disfrace relacionada. No caso de que a parella estea formada por un adulto e un nen@ entrará na categoría Infantil 
o   Adultos: participantes  a partires de 17 anos.
o   Infantís: participantes menores de 17 anos.
XURADO 
. A cualificación dos participantes será determinada polo xurado do concurso que estará formado por un representante do concello e 4 persoas escollidas entre o público asistente.
CALIFICACIÓN 
. Cada membro do xurado cualificará de 1 a 5 puntos cada comparsa, parella e individual tanto da categoría adulta coma infantil, tendo en conta o deseño dos traxes, a imaginación, a orixinalidade, e a simpatía e posta en escena os participantes.
No caso de empate a puntuación do representante do concello considerarase como dobre.
PREMIOS 
. Concederánse os seguintes premios:
COMPARSAS ADULTOS
COMPARSAS
INFANTÍS
PARELLAS OU INDIVIDUAIS ADULTOS
PARELLAS OU INDIVIDUAIS INFANTÍS

Primeiro premio: 300 €

Primeiro premio: 100 €

Primeiro premio: 100 €

Primeiro premio: 100 €

Segundo premio: 200 €

Segundo premio: 80 €

Segundo premio: 50 €

Segundo premio: 80 €

Terceiro premio: 100 €

Terceiro premio: 60€

Terceiro premio: 50€

Cuarto premio: 40€

Os premios poderán ser considerados desertos polo xurado do concurso. 
ENTREGA DE PREMIOS
. A entrega de premios terá lugar o mesmo día da celebración do concurso unha vez rematado o fallo do xurado.
ACEPTACIÓN DAS BASES
. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo as decisións do xurado inapelables.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es