O Concello de Rábade organiza dous actos para a celebración do ENTROIDO.
Ó remate do desfile e gracias a colaboración da Asociación de mulleres Águeda de Rábade haberá de gustación de postres típicos do Entroido para todas e todos os asistentes.
CONCURSO DE COMPARSAS, PARELLAS ou INDIVIDUAIS (ADULTOS E INFANTÍS) BASES
CATEGORÍAS
1ª. O Concello de Rábade convoca o tradicional concurso e desfile de disfraces coas seguintes categorías:
Comparsas (adultos e infantís)
Parellas ou Individuais (adultos e infantís)
Con motivo do Entroido 2023, celebrarase o martes 21 de febreiro a partir das 17:00 horas o concurso e desfile de disfraces que terá lugar na praza de España.
As bases estarán disponibles na Área de Cultura e Deporte do Concello de Rábade e en www.concellorabade.es.
PARTICIPACIÓN
2ª. A participación queda aberta a tódalas asociacións, colexios, persoas e colectivos que o desexen.
A inscrición dos participantes farase o mesmo día 21 dende ás 16:00 h ata as 16:45 horas, aportando o nome do disfrace ou comparsa, nome, apelidos e D.N.I.
Tódolos participantes deberán asinar unha autorización para dar o consentimento de cesión dos dereitos das fotos para publicar as mesmas nos distintos programas organizados polo Concello.
Os menores de idade aportarán os datos da persoa que os representa.
DISTRIBUCIÓN DAS MODALIDADES
3ª. As modalidades nas que poderán participar son:
COMPARSAS:
Adultos: Considérase comparsa aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas maiores, todas elas, de 17 anos ou aquelas comparsas que non reunan os requisitos para entrar na categoría de infantís.
Infantís: Considérase comparsa infantil aquelas nas que participen un mínimo de tres persoas nas que as catro quintas partes sexan menores de 17 anos.
PARELLAS ou INDIVIDUAIS: : participantes nas dúas categorías (adultos e infantís), que pola súa condición requiran presentarse xuntos e teñan a temática do seu disfrace relacionada. No caso de que a parella estea formada por un adulto e un nen@ entrará na categoría Infantil
o Adultos: participantes a partires de 17 anos.
o Infantís: participantes menores de 17 anos.
XURADO
4ª. A cualificación dos participantes será determinada polo xurado do concurso que estará formado por un representante do concello e 4 persoas escollidas entre o público asistente.
CALIFICACIÓN
5ª. Cada membro do xurado cualificará de 1 a 5 puntos cada comparsa, parella e individual tanto da categoría adulta coma infantil, tendo en conta o deseño dos traxes, a imaginación, a orixinalidade, e a simpatía e posta en escena os participantes.
No caso de empate a puntuación do representante do concello considerarase como dobre.
PREMIOS
6ª. Concederánse os seguintes premios:
COMPARSAS ADULTOS | COMPARSAS INFANTÍS | PARELLAS OU INDIVIDUAIS ADULTOS | PARELLAS OU INDIVIDUAIS INFANTÍS |
Primeiro premio: 300 € | Primeiro premio: 100 € | Primeiro premio: 100 € | Primeiro premio: 100 € |
Segundo premio: 200 € | Segundo premio: 80 € | Segundo premio: 50 € | Segundo premio: 80 € |
Terceiro premio: 100 € | Terceiro premio: 60€ | Terceiro premio: 50€ | |
Cuarto premio: 40€ |
Os premios poderán ser considerados desertos polo xurado do concurso.
ENTREGA DE PREMIOS
7ª. A entrega de premios terá lugar o mesmo día da celebración do concurso unha vez rematado o fallo do xurado.
ACEPTACIÓN DAS BASES
8ª. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das presentes bases, sendo as decisións do xurado inapelables.