Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

8 de marzo, Día Internacional da Muller: Proxección do documental ¿Patriarcado, o organismo nocivo?

O Concello de Rábade, organiza dentro do programa Rábade en Igualdade a proxección do documental ¿Patriarcado,o organismo nocivo? como actividade principal do Día Internacional da muller este 8  de marzo  de 2023.

 

A actividade terá lugar o 8 de marzo no salón de actos do Centro Sociocultural do Concello de Rábade ás 10.30 da mañá. O visionado vai dirixido á poboación en xeral, así como ao alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato do IES Río Miño de Rábade. Entrada libre ata completar aforo.

 

O documental que tivo 5 candidaturas aos premios Goya 2023 aborda o patriarcado dende unha perspectiva ampla, dende a violencia machista, a pornografía, os roles de xénero ou a educación sexual; dende os orixes ata o presente, instalado como organismo nocivo na sociedade, a súa supervivencia apoiase en facerse invisible ao ser aceptado como normal, anidando nas nosas ideas pero sobre todo nas nosas crenzas. Este traballo pretende facer reflexionar a través dunha mirada crítica.

 

No documental 4 mulleres comparten a súa historia dende a forza, sin victimización, ás que se unen especialistas e xóvenes para dar a súa visión e construir unha sólida base para reflexión conxunta.

 

Esta actividade está financiada a través do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

DOCU

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es