Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

CONCURSO DE CONTOS "DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023"

O concello de Rábade convoca un Concurso de Contos para tódalas nenas, nenos e maiores que desexen participar, adicado este ano a "FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO":

Nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913.Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid.

Ao rematar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia (1950). Tamén participa na revista Grial. En 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. En 1997 foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, ou o Doctor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, entre outros.

É autor dunha  amplísima obra que abarca casi tódolos xéneros. O seu biógrafo, Antón Mascato, defíneo como "la más importante de las figuras de la restauración política y cultural de Galicia del siglo XX". Entre  sus trabajos escritos es preciso citar, a lo largo de una labor que se prolonga ya más de setenta años, el Índice cultural e artístico do renacemento galego (1931), Presencia de Galicia nos vieiros do arte novo (1933), Cos ollos do noso espírito (Bos Aires, 1949),Escolma da poesía galega: os contemporáneos (1955), Escolma da poesía galega: o século XIX (1957), Manual de Historia da literatura galega (1971), Vocabulario castellano-Gallego (1979), O río do tempo, unha historia vivida (1990), Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000), y Camiño andado (2003), entre otras."

Faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.

En 2023 é a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

letras 2023

BASES

1. Narrar un conto en galego.

2. Poden participar nenas, nenos e maiores de 6 anos en adiante

3. Para participar deberán entregar o conto nun sobre (co nome e apelidos, idade, enderezo e tlfno) na Área de Cultura e Deporte do Concello, no IES "Río Miño" ou no Ceip "Otero Pedrayo" ata o 12 de maio.

4.Categorías:

A. De 6 a 9 anos.

B. De 10 a 12 anos.

C. De 13 a 17 anos

D. De 18 anos en adiante.

5. O conto terá unha extensión mínima dun folio.

6.Só se admitirá un conto por participante.

7. As gañadoras e gañadores serán seleccionados por un xurado cualificado e recibirán un diploma e agasallo (1º, 2º e 3º premio en cada categoría).

8. A participación no concurso implica a aceptación das bases.

Entrega de premios o 18 de maio ás17:30h no Centro Sociocultural

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es