Un ano máis o Concello organiza a Clausura das Escolas Deportivas o vindeiro mércores día 7 de xuńo ás 17:00h no Pavillón Municipal "Eduardo Fernández Villamarín".
Trátase dunha pequena exhibición de cada unha das disciplinas deportivas que se impartiron ao longo do ano co obxectivo de que se vexa o traballo realizado,se saiba en que consiste cada deporte e por suposto, animar a tódalas e tódolos nenos e nenas para anotarse o seguinte curso.
A orde dos deportes na exhibición será a seguinte: Zumba, Atletismo, Fútbol Sala, Tenis, Patinaxe, Tenis de Mesa, Judo e Ximnasia Rítmica.
Animádevos e vinde gozar co DEPORTE!