O 8 de xullo terá lugar unha nova edición do Certame de Pintura Rápida dende as 9:00 da mañá ata as 17:00h.
O Concurso está aberto a todas e todos os artistas maiores de 18 anos que desexen participar. As inscricións e selado das teas, serán gratuitas e realizaranse no Concello de Rábade o propio día do certame dende as 9:00h ata as 10:30h.
8 de xullo de 2023
BASES CONCURSO
O Concello de Rábade convoca o XV Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre de acordo coas seguintes bases:
1. Concurso aberto a todas e todos os artistas maiores de18 anos que desexen participar
2. O concurso terá lugar ó sábado 8 de xullo dende as 9:00h da mañá, ata as 17 h da tarde.
3. As inscricións e selado das teas, serán gratuitas e realizaranse no Concello de Rábade o propio día do certame dende as 9:00h ata as 10:30h. Selarase, en branco ou preparadas cunha cor uniforme.
4. Tódolas e tódolos participantes deberán asinar unha solicitude de incrición, de protección de datos e unha autorización para dar o consentimento de cesión dos dereitos das fotos para publicar as mesmas nos distintos programas organizados polo Concello.
5. Só se admitirá unha obra por autora e/ou autor, e non poderá asinala ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado.
6. TEMA: "Estampas de Rábade". Cada participante poderá escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe e levará o material que poida necesitar e considere necesario para desenvolver o seu traballo, incluído o cabalete.
7. As obras premiadas deberán estar asinadas pola autora ou autor.
8. As obras terán unhas dimensións mínimas de 50x50cm e máximas de 150 x 150 cm
9. A entrega das obras será posible ata as 17:00 h no Centro Sociocultural.
10. O xurado estará composto por personalidades relacionadas co mundo das artes e representantes municipais, e a súa decisión será inapelable.
11. Ás18:00 h outorgaranse os premios do XV Certame de Pintura Rápida no Salón de Actos do Centro Sociocultural, que os gañadores deberán recoller persoalmente.
12. A partir das 19:00 h quedará aberta ao público no Centro Sociocultural, a exposición dos cadros realizados por todas e todos os participantes.
13. As obras premiadas quedarán en propiedade dos patrocinadores ( O 1º premio será propiedade do Concello de Rábade); as obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do autor.
14. Dende o 10 ao 28 de xullo, tódalas obras premiadas, e as de aqueles/as artistas que o desexen, previa taxación do autor será expostas no Concello.
15. As obras non premiadas deberán ser retiradas antes do 10 de agosto. De non cumprir este requisito, quedarán a dispor do Concello.
16. Tódolas e Tódolos inscritos no concurso deberán presentar o cadro (finalizado ou non), no estado en que se atope no Concello. Se o cadro non fora entregado, sería vetada a súa presenza para o vindeiro ano.
17. O concello poñerá o maior coidado na conservación das obras, pero non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras por causas alleas ou de forza maior
18. A organización reservase o dereito de alterar ou decidir en calquera caso, todo aquel aspecto non previsto nestas bases.
19. Os premios, aos que se se lle aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas vixente no momento do outorgamento do premio, faranse mediante transferencia bancaria e serán os seguintes:
1º premio: | 2º premio | 3º premio | 4º premio |
1200 € e diploma Patrocinado polo Concello | 800 € e diploma Patrocinado por Finsa | 600 € e diploma Patrocinado por Mercontrol Agroalimentaria | 500 € e diploma Patrocinado por Sariego |
Tres accésit de 100 € cada un e diploma. As obras premiadas con accésit quedarán en propiedade do Autor.
20. Para calquera consulta ou aclaración, póñanse en contacto coa Área de Cultura e Deporte no teléfono 982 390 062 (Ext: 2) ou no correo:asociocultural@rabade.org
21. A participación neste concurso implica a aceptación total das presentes bases