Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

Xa están abertas as piscinas municipais de Rábade

Desde o día 3 de xullo abren as piscinas municipais de 12:00 a 20:00 e pódense facer bonos individuais e familiares.

Fotografía piscinas

Desde o día 3 de xullo están abertas as piscinas municipais para todo aquel que desexe disfrutar das mesmas.

Horario de apertura: 

-De luns a domingo de 12:00 a 20:00

Prezo da entrada individual:

-Menores de 6 anos: gratuíta

-De 6 a 14 anos: 1 euro

-Maiores de 14 anos: 3 euros

Tamén é posible facer o bono individual ou o bono familiar para toda a tempada. A documentación a presentar en cada caso é a seguinte:

-Bono individual:

-DNI

-Fotografía tamaño carnet

-Xustificante de pago da taxa (20 €para toda a tempada)

-Bono familiar:

-Libro de familia

-DNI de todos os membros que o teñan

-Fotografía tamaño carnet do membro titular do carnet

-Xustificante de pago da taxa (50 €para toda a tempada)

Para máis información poden chamar ó teléfono do Concello (982 39 00 62) en horario de 09:00 a 14:00.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es