Un total de 22 artistas participaron no XV Certame de Pintura Rápida que tivo lugar o sábado día 8 de xullo.
Isabell Seidel foi a gańadora do primeiro premio (1200€) e diploma patrocinado polo Concello. O segundo premio, patrocinado por FINSA (800€) foi para Benigno Rodríguez Sánchez. O terceiro premio patrocinado por MERCONTROL AGROALIMENTARIA (600€) para Abraham Pinto Mendoza e o cuarto premio patrocinado por SARIEGO (500€) para Óscar Herrán Mínguez.
Os tres accésit de 100€ cada un foron para Miguel Tierra Rodríguez, Miguel Anxo Varela Díaz e José Luis Riestra Alonso.
Na entrega de premios estiveron presentes a alcaldesa, Remedios González Cabarcos, a concelleira Pilar Dapena González, e os membros do xurado Anxo Barreiro e Raquel Bagán.
As obras premiadas quedan en propiedade dos patrocinadores e os accésit quedan en propiedade do autor ou autora.
Dende o 10 ata o 28 de xullo as obras estarán expostas no Concello en horario de 9:00 a 14:00h.