Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO FINANCIOU A CONTRATACIÓN DE DOUS TRABALLADORES/AS (Programa Fomento do Emprego 2022)

A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO FINANCIOU A CONTRATACIÓN DE DOUS TRABALLADORES/AS CON CARGO AO PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO (PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022)

planunico2022

MEMORIA DE ACTUACIÓN DAS ACTIVIDADES REALIZADAS A CARGO DO PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO. PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022

1.- ANTECEDENTES.

Con data 5 de abril de 2022 aprobouse polo pleno da deputación provincial o Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022, o que supuxo a aceptación das propostas de financiamento formuladas poreste concello con cargo ao mesmo, realizadas en virtude de decreto de Alcaldía de 9 de febreiro dese ano, entre as cales se encontra o presente programa defomento do emprego.

2.- MEMORIA DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS:

Ao abeiro do programa anteriormente referido, contratáronse a dúas traballadoras desempregadas paraos seguintes postos:

- Dúas auxiliares administrativos[1],adscritos aos servizos xerais do concello.

A contratación destes traballadores desempregados que desempeñaron as funcións deste posto detraballo estivo comprendida entre o 15 de decembro de 2022 e o 15 de setembro de 2023.

 As funcións encomendadas ao mesmo foron as normalmente asociadas a un posto de auxiliar administrativo adscrito ás oficinas xerais do Concello (atención telefónica e ao cidadán, procesamento informático simple de textos escritos, confección e redacción de documentos administrativos, colaboración e asistencia a outros servizos administrativos etc..)

Os traballos e funcións desempeñadas por estes traballadores non tiveron incidencias destacables eleváronse a cabo a satisfacción da administración.

3.- CUSTO TOTAL DAS ACTUACIÓNS:

O importe total dos custos elixibles da actividade para a que a Excma. Deputación Provincial de Lugo lle concedeu unha achega para a execución do PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO. PLANÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022, ascenderon ao seguinte importe:

IMPORTE TOTAL DOS

SALARIOS

SEG. SOCIAL

TOTAL

GASTOS SUBVENCIONABLES

13.330,92 €

5.480,65 €

18.811,57 €



[1] Contratáronse dous traballadores para este posto ante a renuncia ao desempeño do posto realizada pola persoa inicialmente seleccionada, para o cal se acudiu á bolsa de selección xerada a tal efecto no procedemento selectivo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es