O programa da Xunta 'Coidados Porta a Porta' visitará o Concello de Rábade o vindeiro mes de novembro. Os días 20, 21, e 22 de novembro.
Unha unidade móbil desprazarase á localidade e instalarase diante do Centro de Saúde para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.
Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 ou 623546992 e por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.