O Concello de Rábade preparou unha ampla programación para este Nadal.
As actividades e eventos deron comezo o día 10 co acendido das luces de Nadal e rematarán o 5 de xaneiro coa Cabalgata dos Reis Magos.
Ao longo de todo o mes de decembro e principios de xaneiro haberá; música, obradoiros, maxia, teatro, campamento infantil, a Don Silvestre Rabadense e un senfín de propostas para todos os públicos.
O Concello de Rábade recorda que a inscrición se pode facer na área de Cultura e Deporte. Todas as actividades son gratuítas.