Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

A Xunta compromete melloras no Centro de Saúde de Rábade

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, mantivo un encontro de traballo coa xefa territorial de Sanidade, Begoña Seco, e o xerente do Sergas, Ramón Ares, para abordar as melloras que precisa o Centro de Saúde da localidade.

O Goberno local trasladoulles hai uns meses a necesidade do arranxo de varias zonas do centro, o que permitirá dar unha mellor atención e un mellor servizo aos doentes.

Na súa visita ao centro sanitario, a responsable da Xunta comprometeuse a arranxar as zonas comúns a principios deste ano. Tamén trasladou a intención da Consellería de Sanidade de levar a cabo unha reforma integral do edificio, así, como de acometer obras na cuberta.

A rexedora estivo acompañada na súa visita ao Centro de Saúde da concelleira de Sanidade municipal, Pilar Dapena. Ambas agradecen a boa disposiciçon da xefa territorial de Sanidade e do xerente do Sergas coas necesidades expostas.

08012024centrosauderabade

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es