O Concello de Rábade organiza para o sábado 27 de xaneiro o XXI Memorial de atletismo Eduardo Fernández Villamarín, Negrín, con saída pola tarde da Praza de España e recollida de dorsais no mesmo lugar.
Eduardo Fernández Villamarín, Negrín, foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense e gran impulsor do deporte na vila e na provincia, e con cuxo nome foi bautizado o pavillón municipal.
A proba
Ás 16:30 horas farase a saída dos rapaces e ás 17:00 horas dará; comezo a carreira absoluta que percorrerá; 6,8 km e discorrerá dando dúas voltas a un circuíto urbano. A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
A recollida de dorsais farase a partir das 15:30 horas.
Premios
Os tres primeiros clasificados de cada categoría terán premio e ademais, haberá un trofeo, denominado tamén Eduardo Fernández Villamarín, que se entregará; ao equipo que conte con máis participantes que rematen a carreira, así como distincións para o primeiro e primeira corredores rabadenses clasificados na proba absoluta.
Os pequenos recibirán de premio vales de 50 euros para a compra de material deportivo e os adultos premios que oscilan entre os 350 euros para o primeiro e 150 do terceiro, tanto na categoría masculina como feminina.
Ademais, os primeiros participantes da proba absoluta que crucen en primeira posición o sprint intermedio situado ao final da primeira volta e rematen entre os 20 primeiros da clasificación xeral agasallaráselles cun dorsal para a Behobia - San Sebastiánn, por cortesía de Viajes Almar - JAVO.
Este ano por vez primeira aumentan os premios e tamén haberá para os tres primeiros atletas provinciais, así como para o primeiro corredor e corredora rabadense na proba absoluta.
Haberá un agasallo para todos e todas as participantes de todas as probas. A entrega de premios e trofeos farase ao remate da carreira.
As inscricións para todas as categorías poden facerse ata o xoves 25 de xaneiro na páxina web: www.memorialnegrin.gal.