Fondo cabecera Concello de Rábade

Noticias

O Concello de Rábade acolle por vez primeira o Torneo de Judo Xogade

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, acompańada polo concelleiro municipal de Deportes, Carlos González, o xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero Méndez, o delegado da federación lucense de Judo, Iván Carballeira, e o responsable da Escola Municipal de Rábade e mestre do Club Lvcus Dojo de Lugo, Alejandro Castro, presentaron hoxe o Torneo de Judo 'Xogade' que se vai disputar o vindeiro domingo 28 na localidade.

A competición está; organizada pola Federación Galega de Judo a través da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Rábade. É a primeira vez que a proba se desenvolve neste Concello lucense.

Está; previsto que participen no torneo preto de 350 rapaces e rapazas de entre 6 de 16 anos da zona da provincia de Lugo e da Comarca de Ferrol.

Trátase dunha proba única na que todos os participantes recibirán unha tarxeta pola súa asistencia e unha medalla.

O que se pretende con este tipo de proba é que os nenos e nenas entren en contacto con esta modalidade deportiva e teńan un primeiro achegamento á competición. Vai ser unha xornada de convivencia que se desenvolverá no pavillón municipal de Rábade en horario de mańá, entre as 11:00 e ás 14:00 horas. Xa pola tarde está previsto un adestramento aberto a quen queira participar.

Os clubs que participan na proba son os seguintes: Escola municipal de Rábade, Lvcvs Dojo, Lugokan, Judo Lugo, A.D. Muralla, Gimnasio Senra, A.D. Ferrolterra e Bitácora.

 

23012024xogaderabade

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es