Fondo cabecera Concello de Rábade

Noticias

O Concello de Rábade colabora coa celebración da Axeigada, a primeira foliada da primavera

O Concello de Rábade colabora coa agrupación folclórica Axeigo na celebración da Axeigada, a primeira foliada da primavera, que vai ter lugar na localidade o día 9 de marzo. Na organización deste evento participan ademais Café; 22, Cervecería Ágora e A Cantina e colabora a Asociación Cultural Fillos do Chaira.

A xornada comprende obradoiros, cantos de taberna polos locais participantes, así como unha foliada aberta para pońer fin á festa.

En concreto, o programa comeza ás 17:30 horas con dous obradoiros, un deles de Baile foliadeiro con Xabi Iglesias (10 euros) e outro de afinación e empalletado con Pepe Vaamonde (20 euros). As persoas interesadas en inscribirse poden chamar ao 634 83 52 88 ou enviar un correo a aoxeitogalego@gmail.com.

Ás 19:00 horas darán comezo os Cantos de Taberna nos que participan cinco grupos: Airińos da Fonda, Estoupacaldeiros, Son Outeiro, Son de Lugh e Os do 13.

A actividade volve ao Centro Sociocultural ás 22:00 horas onde haberá; unha degustación de petiscos, seguida do concerto de Paracetafolk ás 22:30 horas e foliada aberta a partir das 23:30 horas.

O Goberno local do Concello de Rábade agradece ao grupo local Axeigo a súa implicación para levar a cabo esta primeira foliada da primavera que agardan "sexa un éxito e poida ter continuidade", destaca a rexedora, Reme González.

axeigada

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es