Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

O Concello de Rábade aproba un presuposto de preto de 3 millóns de euros cunha forte aposta polo gasto social e a limpeza viaria e recollida de residuos

O Goberno local do Concello de Rábade vén de aprobar os Orzamentos para este ano 2024, que ascenden a 2.989.000 euros, un incremento de preto de 800.000 euros con respecto aos do ano anterior. As Contas contaron co voto a favor do equipo de Goberno e co do PSOE e coa abstención de Independentes por Rábade.

Investimentos reais

En concreto, destínase máis dun millón de euros a investimentos reais, nos que se inclúen dúas importantes obras, como son a da reforma do antigo Cine Man e a mellora do campo de fútbol Catro Ventos.

O Goberno local fai un esforzo "moi importante" para impulsar e reforzar os servizos a persoas maiores e persoas dependentes nos domicilios incrementando a partida que se viña destinando á axuda no fogar.

Ao mesmo tempo, auméntase nun 140% o presuposto destinado ao servizo de limpeza viaria e recollida de residuos. "É unha aposta forte e un compromiso do equipo de Goberno que adquirimos cos veciños e veciñas para ter un servizo de maior calidade", precisa a rexedora Remedios González.

Tamén se recolle un incremento no capítulo de persoal coa creación de dous novos postos de traballo de administración; un de persoal contable e outro que se encargará do padrón municipal, entre outras tarefas.

Sobe ademais a partida de impostos indirectos ao contar coa liquidación de obra da nova urbanización de Vilar de Seo e da instalación no polígono de novas empresas.

A alcaldesa explica que se trata dunhas contas "realistas" nas que se priorizaron aqueles asuntos que máis preocupan aos veciños e veciñas, como son o gasto nas persoas e o aspecto que presenta a vila, que xa se está a ver mellorado.                      

06022024concello

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es