O Concello de Rábade colabora co XXV Gran Máster Nacional de Futbolín que organiza a Peña Futbolín Bola Meiga e que se vai celebrar na localidade os días 28, 29 e 30 de marzo.
A alcaldesa de Rábade, Remedios González, acompañada polo concelleiro de Deportes, Carlos González, o director xeral de Presas, José; Presas, José Manuel Candal Regueiro, organizador da Peña Futbolín Bola Meiga, Manuel Castro, delegado da Federación Galega de Fútbol, Gerardo Criado en representación da Xunta de Galicia, e Javier Arias, deputado autonómico e ex delegado da Xunta en Lugo, compareceron hoxe ante os medios para dar conta dos detalles desta cita que celebra o seu 25 aniversario.
Pistoletazo de saída
Para celebrar o cuarto de século desta cita deportiva, mañá; xoves vaise levar a cabo un desfile conmemorativo do primeiro futbolín que chegou a Rábade no ano 1952, ao Bar Eliseo. O desfile sairá da praza, xunto ao Bar 22 ata chegar ao pavillón do IES Río Miño, un dos tres espazos nos que se vai celebrar o Máster Nacional de Futbolín.
Dez xogadores rabadenses levarán a mesa de xogo aos ombreiros acompañados de estandartes, numerosos campións cos seus trofeos, algunha que outra sorpresa divertida e a gran batucada Batu Cadabatú;.
15.000 euros en premios
Tal e como explicaron, inscribíronse no Máster 567 equipos chegados de toda España. Participan 240 xogadores máis que o ano anterior, 94 delas mulleres. Trátase, segundo precisaron, dunha cifra "histórica"; para este campionato. En total, vanse repartir 15.000 euros en premios, o máximo que se ten dado ata o de agora.
Mañá xoves a competición empeza ás 17:30 horas e o venres e o sábado ás 10:00 da mañá ata a madrugada. Son tres os escenarios onde se compite: a cafetería Papyrus, o Colexio Otero Pedrayo e o IES Río Miño.