Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidad

Obradoiro gratuíto para familias

O servizo de prevención de condutas aditivas da agrupación de Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organiza un encontro online dirixido a nais e pais dos concellos da agrupación, para abordar o mundo afectivo-sexual dende o ámbito das familias de nenas, nenos e adolescentes.Este obradoiro será impartido de xeito online (a través da plataforma zoom) por Susana Piedra Zorrilla, psicóloga con número de colexiada: M-19528 responsable do Programa de Prevención de condutas de risco en nenos, nenas e adolescentes e fomento da parentalidade positiva na UNAF.Data: 3 de xuño.Horario: de 17:00 a 18:30 horas.Inscricións a través do seguinte enlace: https://forms.office.com/e/cz0fMRxny2
03062024obradoiro

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es