Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

Eduardo Pardo de Guevara y Valdés será o pregoeiro das Festas Patronais de Rábade

O Concello de Rábade anuncia que o historiador galego Eduardo Pardo de Guevara y Valdés será este ano o encargado de pregoar as Festas Patronais, que se van celebrar entre os días 10 e 15 de agosto na localidade.

O Goberno local elixiuno como pregoeiro pola súa vinculación con Rábade dende que era neno onde pasaba longas tempadas coa súa familia do outro lado da ponte medieval, no Pazo de Mirapeixe, en Santa Marińa de Rábade.

A alcaldesa, Reme González, explica que se decidiu convidar a este estudoso tendo en conta que se achega o centenario de Rábade e el como historiador e especialista en heráldica foi o que deseńou o escudo e posteriormente a bandeira da vila.

O coruńés pronunciará o seu pregón o sábado día 10 de agosto ás 20:30 horas no balcón do Consistorio, na Praza 28 de maio. De seguido dará comezo o XXVIII RabaFolk.

pregoeiro2024

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es