Páxina 1 de 2, 16 contidos
jueves, 21 de enero de 2021
O concello de Rábade convoca o tradicional Concurso de Disfraces cun formato diferente por mor da pandemia do COVID19 e para garantir as debidas medidas de seguridade e protección.
Poderán participar tódalas persoas que o desexen, sempre dentro do mesmo núcleo familiar (persoas conviventes) e a máscara é obrigatoria, aínda que o disfrace cubra o rostro. Cada familia só poderá participar nunha modalidade e categoría (consulta as bases adxuntas).
A inscrición dos participantes farase do 1 ao 12 de febreiro, enviando unha foto a asociocultural@rabade.org (só formato JPG ou PNG) ou un vídeo por whatsapp (máximo 20 segundos) ao nº de teléfono 682 741 000 aportando os seguintes datos: nome do disfrace ou do vídeo, teléfono e folla de incrición debidamente cuberta
Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao 982 390 062 na Área de Cultura e Deporte.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 29 de decembro ás 18:00h no Centro Sociocultural.
Tódolos participantes recibirán un diploma.
As Postais Navideñas estarán expostas no concello do 29 de decembro ao 15 de xaneiro.
jueves, 10 de diciembre de 2020
O concello organiza un variado programa de actividades para este Nadal 2020. Un ano diferente e adaptado as circunstancias sanitarias que estamos a vivir por mor da pandemia do COVID-19.
Taller de Cine e Teatro ,Taller de Creación de Videoxogos, Campamento Mediambiental (AGCT), Cabalgata , Teatro e Recheo.
Inscricións na Área de Cultura e Deporte do Concello
O horario de atención do Servizo de Atención Temperá, é o seguinte:
Lunes: 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:30
Martes:8:30 a 14:30
Mércores: 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:30
Xoves: 8:30 a 14:30
Venres: 8:30 a 14:30
A unidade está ubicada en FRIOL , centro sociocultural 2ª planta. (Rúadeputación, nº18)
Telefono de contacto : 982371002
jueves, 19 de noviembre de 2020
Concerto da "BANDA DA LOBA" o día 20 de novembro ás 20:00h no Centro Sociocultural dentro do Programa "Rábade en Igualdade", patrocinado polo Pacto do Estado conta a Violencia de Xénero e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Aforo limitado
Se estás interesado/a en acudir ao concerto, manda un email a : asociocultural@rabade.org co teu nome e apelidos (máximo dúas invitacións por persoa).
Debido a crise sanitaria ocasionada polo COVID19, respectaranse en todo momento as medidas de seguridade e protección, polo que 30 minutos antes da actuación abriranse as portas do Centro Sociocultural.
Será obrigatorio o uso da máscara.
O Concello de Rábade convoca o 14º Concurso de Postais Navideñas 2020.
Os debuxos gañadores serán os elixidos como a Postal Navideña que anualmente se envía para felicitar o Nadal a tódol@s veciñ@s.
Tódolos debuxos recibidos serán expostos no Concello no Nadal
A data tope para a entrega do debuxo será o 30 de novembro
Programa de actividades lúdico-culturais en condicións de seguridade, promotora dunha educación comunitaria libre, xusta e feminista.
"Eu son libre. Nada poder conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino" Rosalía de Castro
miércoles, 17 de junio de 2020
O concello organiza un ano máis un programa para a conciliación familiar e laboral no que se inclúen Campamentos de Verán e un Campus de Patinaxe.
Debido ás circunstancias actuais polo COVID 19, en tódalas actividades programadas manteranse as debidas medidas de seguridade e protección (control de temperatura, lavado de mans, máscaras, xeles hidroalcólicos e distancia de seguridade entre tódol@s participantes)
A pretensión destes campamentos é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que que sexan partícipes da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico de seu entorno.
O programa de fomento da conciliación está dentro de "Concilia en Rábade", subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Páxina 1 de 2, 16 contidos