Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidad

Página 3 de 4,  31 contenidos

jueves, 2 de noviembre de 2023

Curso de autodefensa para mulleres en Rábade

Autodefensa_rabade
Con motivo do 25N, a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia financia un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.
 
O curso vai ser impartido por un especialista da Federación Galega de Loita e pertencente ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
 
A actividade vaise levar a cabo no Centro Sociocultural de Rábade os días 27 de novembro e 1 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.
 
As mulleres que queiran participar teñen que inscribirse previamente no departamento de Servizos Sociais do Concello de Rábade, presencial ou telefonicamente.

Leer más

jueves, 2 de noviembre de 2023

O Concello de Rábade aplaude a iniciativa da artista Ana Cabanes Fontao para achegar a arte a contornas rurais

ESTACIÓN DE TREN

O Goberno local do Concello de Rábade aplaude a iniciativa da artista Ana Cabanes Fontao coa que pretende achegar a arte a contornas rurais. En concreto, a moza afincada en Rábade foi seleccionada pola iniciativa "Nomes propios" para levar a cabo diversas exposicións urbanas de artistas emerxentes vinculados a Galicia por diferentes puntos da xeografía galega, un deles no noso Concello.

En concreto, no caso de Rábade, Ana Cabanes foi a encargada de colocar cinco traballos de artistas emerxentes nun espazo público de libre acceso para os veciños e veciñas, como é o exterior da estación do tren. Deste xeito, explica, ¿levamos a obra ao espectador, sen a necesidade de que teña que achegarse a un museo¿.

A maiores, a iniciativa pretende achegar a arte destas figuras emerxentes aos pobos e ás vilas de Galicia, unha iniciativa que saúda o equipo de Goberno de Rábade que, confía, traia consigo novas colaboracións con Cabanes Fontao.

As obras, tanto escultóricas como de pintura, da artista que forman parte do proxecto ¿Nomes propios¿ pódense ver nos concellos de Santa Comba e A Guarda. Os cinco traballos que poden verse na estación de tren de Rábade son propostas doutros artistas galegos que, coma ela, buscan achegar a arte a contornas rurais.

Cabanes Fontao é graduada en Belas Artes e vén de ser recoñecida pola Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo co Premio Extraordinario ao mellor expediente académico polos seus estudos de serigrafía. As súas obras están inspiradas na natureza, polo que ten no Concello de Rábade un espazo excelente para a súa creación.

Leer más

martes, 24 de octubre de 2023

COIDADOS PORTA A PORTA EN RÁBADE

Porta a porta

O programa da Xunta 'Coidados Porta a Porta' visitará o Concello de Rábade o vindeiro mes de novembro. Os días 20, 21, e 22 de novembro.

Unha unidade móbil desprazarase á localidade e instalarase diante do Centro de Saúde para ofrecer servizos de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria de xeito gratuíto a maiores de 55 anos.

Pódese pedir cita previa nos números 622 748 283 ou 623546992 e por medio do correo electrónico: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Leer más

LA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO FINANCIÓ LA CONTRATACIÓN DE DOS TRABAJADORES/AS (Programa Fomento del Empleo 2022)

planunico2022

LA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO FINANCIÓ LA CONTRATACIÓN DE DOS TRABAJADORES/AS CON CARGO AL PROGRAMA FOMENTO DEL EMPLEO (PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2022)

Leer más

CURSOS DE MEMORIA E TEATRO PARA MAIORES

TEATRO23

O Concello De Rábade oferta dous talleres para maiores completamentegratuítos.

Dun lado, un taller de memoria que se vai celebrar os luns pola tarde noCentro Sociocultural.

Por outra banda, un taller de teatro que se impartirá os xoves en horariode mañá tamén no Centro Sociocultural.

Os maiores interesados en anotarse nalgunha destas actividades poden facelodesde hoxe mesmo no Departamento de Servizo Sociais do Concello de Rábade.

Son actividades dirixidas aos maiores, pero se algunha outra persoa estáinteresada en participar pode solicitar información no mesmo Departamento.

O prazo para formalizar a matrícula estará aberto ata o 28 de setmbro. Otaller de memoria dará comezo o 2 de outubro e o taller de teatro o 9 deoutubro (aínda que se celebrará os xoves en horario de mañá).

Leer más

FIESTAS DE VERANO 2023

FESTAS VERÁN 23

O Concello organiza un ano máis as Festas de Verán 2023 cun amplo e variado programa de actividades esperando que sexan do agrado de todas e todos.

Rabafolc con Oscar Ibáñez &Tribo e TNT Tanto nos Ten

Orquestras: Compostela,  La Fórmula, Grupo Alba, Claxxon, Grupo Master, Trébol.

 Disco móvil Zona Zero, DJ Popi García......

Competicións deportivas, Día da Bicicleta, Subidón dos Avós, Día do Río, Esbatuxada polo río, Descarga Pirotécnica, Concerto de Bandas, Sesións de fogos de artificio, Concerto Pop&Rock, actuacións de maxia, humor, circo e espectáculo de Pompas Xigantes.

Esperámoste en Rábade do 11 ao 15 de agosto!

Leer más

Información PROYECTO ILUMIN@ Ayuntamiento de Rábade 2019

Logotipos
PROYECTO ILUMIN@: Actuación cofinanciada en un 80% por el Programa de Subvenciones para proyectos singulares de entidades locales que favorezcan el paso a una economía baja en carbono en el marco del Programa operativo FEDER de crecimiento sostenible 2014-2020, asumiendo el restante 20% la Diputación de Lugo con fondos propios.

Leer más

SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPRANA

ATENCIÓN TEMPERÁ

El horario de atención del Servicio de Atención Temprana, es  el seguiente:

Lunes: 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:30

Martes:8:30 a 14:30

Miércoles:  8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:30

Jueves:  8:30 a 14:30

Viernes:  8:30 a 14:30

La unidad está situada en FRIOL , centro sociocultural 2ª planta. (calle diputación, nº18)

Telefono de contacto :     982371002

Leer más

jueves, 18 de febrero de 2021

PREMIOS ENTROIDO 2021

Para ver o vídeo do Concurso de Disfraces Entroido 2021 do Concello de Rábade, prema AQUÍ

Leer más

Página 3 de 4,  31 contenidos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es