Páxina 1 de 2, 11 contidos
viernes, 16 de abril de 2021
O Concello pon en marcha o programa de actividades "Rapatiando 2021"- Concilia en Rábade .
jueves, 18 de febrero de 2021
Para ver o vídeo do Concurso de Disfraces Entroido 2021 do Concello de Rábade, prema AQUÍ
Este ano o XVIII MEMORIAL EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN" terá unha edición virtual por mor da pandemia do Covid19.
Podes facer a carreira do 24 de xaneiro ata o 21 de febreiro de 2021.
Para realizar e medir a túa actividade podes usar calquera dispositivo que uses normalmente nos teus adestramentos (GPS, calquera aplicación móbil de running, cronómetro ou facelo nunha cinta de correr). Só tes que estar pendente de controlar a distancia que te corresponde por categoría e parar o tempo para posteriormente proceder ao rexistro.
Inscríbete e consulta as bases na web: www.memorialnegrin.gal
Haberá un sorteo de 50 vales de 50€ a gastar no comercio de Rábade entre todas e todos os que rexistren a actividade.
Anímate e móvete con nós!
jueves, 21 de enero de 2021
O concello de Rábade convoca o tradicional Concurso de Disfraces cun formato diferente por mor da pandemia do COVID19 e para garantir as debidas medidas de seguridade e protección.
Poderán participar tódalas persoas que o desexen, sempre dentro do mesmo núcleo familiar (persoas conviventes) e a máscara é obrigatoria, aínda que o disfrace cubra o rostro. Cada familia só poderá participar nunha modalidade e categoría (consulta as bases adxuntas).
A inscrición dos participantes farase do 1 ao 12 de febreiro, enviando unha foto a asociocultural@rabade.org (só formato JPG ou PNG) ou un vídeo por whatsapp (máximo 20 segundos) ao nº de teléfono 682 741 000 aportando os seguintes datos: nome do disfrace ou do vídeo, teléfono e folla de incrición debidamente cuberta
Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao 982 390 062 na Área de Cultura e Deporte.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 29 de decembro ás 18:00h no Centro Sociocultural.
Tódolos participantes recibirán un diploma.
As Postais Navideñas estarán expostas no concello do 29 de decembro ao 15 de xaneiro.
jueves, 10 de diciembre de 2020
O concello organiza un variado programa de actividades para este Nadal 2020. Un ano diferente e adaptado as circunstancias sanitarias que estamos a vivir por mor da pandemia do COVID-19.
Taller de Cine e Teatro ,Taller de Creación de Videoxogos, Campamento Mediambiental (AGCT), Cabalgata , Teatro e Recheo.
Inscricións na Área de Cultura e Deporte do Concello
O horario de atención do Servizo de Atención Temperá, é o seguinte:
Lunes: 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:30
Martes:8:30 a 14:30
Mércores: 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 19:30
Xoves: 8:30 a 14:30
Venres: 8:30 a 14:30
A unidade está ubicada en FRIOL , centro sociocultural 2ª planta. (Rúadeputación, nº18)
Telefono de contacto : 982371002
Concerto da "BANDA DA LOBA" o día 20 de novembro ás 20:00h no Centro Sociocultural dentro do Programa "Rábade en Igualdade", patrocinado polo Pacto do Estado conta a Violencia de Xénero e a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
Aforo limitado
Se estás interesado/a en acudir ao concerto, manda un email a : asociocultural@rabade.org co teu nome e apelidos (máximo dúas invitacións por persoa).
Debido a crise sanitaria ocasionada polo COVID19, respectaranse en todo momento as medidas de seguridade e protección, polo que 30 minutos antes da actuación abriranse as portas do Centro Sociocultural.
Será obrigatorio o uso da máscara.
O Concello de Rábade convoca o 14º Concurso de Postais Navideñas 2020.
Os debuxos gañadores serán os elixidos como a Postal Navideña que anualmente se envía para felicitar o Nadal a tódol@s veciñ@s.
Tódolos debuxos recibidos serán expostos no Concello no Nadal
A data tope para a entrega do debuxo será o 30 de novembro
Programa de actividades lúdico-culturais en condicións de seguridade, promotora dunha educación comunitaria libre, xusta e feminista.
"Eu son libre. Nada poder conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino" Rosalía de Castro
Páxina 1 de 2, 11 contidos