Páxina 2 de 2, 12 contidos
miércoles, 17 de junio de 2020
O concello organiza un ano máis un programa para a conciliación familiar e laboral no que se inclúen Campamentos de Verán e un Campus de Patinaxe.
Debido ás circunstancias actuais polo COVID 19, en tódalas actividades programadas manteranse as debidas medidas de seguridade e protección (control de temperatura, lavado de mans, máscaras, xeles hidroalcólicos e distancia de seguridade entre tódol@s participantes)
A pretensión destes campamentos é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que que sexan partícipes da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico de seu entorno.
O programa de fomento da conciliación está dentro de "Concilia en Rábade", subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
lunes, 10 de febrero de 2020
O Concello organiza como tódolos anos dous actos para celebración do Entroido:
-Luns,24 de febreiro: FESTA INFANTIL de 17:00 a 20:30h no no Centro Sociocultural.Música, Xogos e moita Diversión!.
Haberá merenda para tódol@s asistentes.
-Martes,25 de febreiro: CONCURSO E DESFILE DE DISFRACES na Prazuela ás 17:00h (inscricións de 16:00h a 16:45h). Amenizado co grupo "PEKADOS".
Páxina 2 de 2, 12 contidos