Fondo cabecera Concello de Rábade
Inicio » Novas

Novas

Novas

Páxina 4 de 6,  57 contidos

martes, 7 de mayo de 2024

IV Encontro de Corais en Rábade

corais2024
O domingo 12 de maio ás 19:00 horas vaise celebrar o VI Encontro de Corais na Igrexa de San Vicenzo de Rábade.

Leer más

martes, 7 de mayo de 2024

Rapatiando 2024

rapatiando2024
O Concello de Rábade enche de actividades infantís os meses de xuño, xullo e agosto co programa Rapatiando 2024.

Leer más

miércoles, 27 de marzo de 2024

O Concello de Rábade colabora co Máster Nacional de Futbolín, que este ano cumpre 25 anos

masterfutbolin2024

O Concello de Rábade colabora co XXV Gran Máster Nacional de Futbolín que organiza a Peña Futbolín Bola Meiga e que se vai celebrar na localidade os días 28, 29 e 30 de marzo.

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, acompañada polo concelleiro de Deportes, Carlos González, o director xeral de Presas, José; Presas, José Manuel Candal Regueiro, organizador da Peña Futbolín Bola Meiga, Manuel Castro, delegado da Federación Galega de Fútbol, Gerardo Criado en representación da Xunta de Galicia, e Javier Arias, deputado autonómico e ex delegado da Xunta en Lugo, compareceron hoxe ante os medios para dar conta dos detalles desta cita que celebra o seu 25 aniversario.

Pistoletazo de saída

Para celebrar o cuarto de século desta cita deportiva, mañá; xoves vaise levar a cabo un desfile conmemorativo do primeiro futbolín que chegou a Rábade no ano 1952, ao Bar Eliseo. O desfile sairá da praza, xunto ao Bar 22 ata chegar ao pavillón do IES Río Miño, un dos tres espazos nos que se vai celebrar o Máster Nacional de Futbolín.

Dez xogadores rabadenses levarán a mesa de xogo aos ombreiros acompañados de estandartes, numerosos campións cos seus trofeos, algunha que outra sorpresa divertida e a gran batucada Batu Cadabatú;.

15.000 euros en premios

Tal e como explicaron, inscribíronse no Máster 567 equipos chegados de toda España. Participan 240 xogadores máis que o ano anterior, 94 delas mulleres. Trátase, segundo precisaron, dunha cifra "histórica"; para este campionato. En total, vanse repartir 15.000 euros en premios, o máximo que se ten dado ata o de agora.

Mañá xoves a competición empeza ás 17:30 horas e o venres e o sábado ás 10:00 da mañá ata a madrugada. Son tres os escenarios onde se compite: a cafetería Papyrus, o Colexio Otero Pedrayo e o IES Río Miño.         

Leer más

O Concello de Rábade celebrará unha 'Andaina pola Igualdade' o 8 de marzo

8mrabade

O Concello de Rábade celebrará unha 'Andaina pola Igualdade' o vindeiro 8 de marzo con motivo do Día Internacinal da Muller con saída da Praza do Concello ás 11:00 horas.

Convidan a asistir caracterizadas como a icona feminista Rosie 'A Remachadora' recollendo o lazo no Concello.

Tamén con motivo do 8M, o día 15 de marzo ás 20:30 horas haberá unha actuación do grupo de fanfarria 'Brassica Rapa' polas rúas da vila.

Leer más

martes, 6 de febrero de 2024

O Concello de Rábade aproba un presuposto de preto de 3 millóns de euros cunha forte aposta polo gasto social e a limpeza viaria e recollida de residuos

06022024concello

O Goberno local do Concello de Rábade vén de aprobar os Orzamentos para este ano 2024, que ascenden a 2.989.000 euros, un incremento de preto de 800.000 euros con respecto aos do ano anterior. As Contas contaron co voto a favor do equipo de Goberno e co do PSOE e coa abstención de Independentes por Rábade.

Investimentos reais

En concreto, destínase máis dun millón de euros a investimentos reais, nos que se inclúen dúas importantes obras, como son a da reforma do antigo Cine Man e a mellora do campo de fútbol Catro Ventos.

O Goberno local fai un esforzo "moi importante" para impulsar e reforzar os servizos a persoas maiores e persoas dependentes nos domicilios incrementando a partida que se viña destinando á axuda no fogar.

Ao mesmo tempo, auméntase nun 140% o presuposto destinado ao servizo de limpeza viaria e recollida de residuos. "É unha aposta forte e un compromiso do equipo de Goberno que adquirimos cos veciños e veciñas para ter un servizo de maior calidade", precisa a rexedora Remedios González.

Tamén se recolle un incremento no capítulo de persoal coa creación de dous novos postos de traballo de administración; un de persoal contable e outro que se encargará do padrón municipal, entre outras tarefas.

Sobe ademais a partida de impostos indirectos ao contar coa liquidación de obra da nova urbanización de Vilar de Seo e da instalación no polígono de novas empresas.

A alcaldesa explica que se trata dunhas contas "realistas" nas que se priorizaron aqueles asuntos que máis preocupan aos veciños e veciñas, como son o gasto nas persoas e o aspecto que presenta a vila, que xa se está a ver mellorado.                      

Leer más

miércoles, 24 de enero de 2024

O Concello de Rábade colabora coa celebración da Axeigada, a primeira foliada da primavera

axeigada

O Concello de Rábade colabora coa agrupación folclórica Axeigo na celebración da Axeigada, a primeira foliada da primavera, que vai ter lugar na localidade o día 9 de marzo. Na organización deste evento participan ademais Café; 22, Cervecería Ágora e A Cantina e colabora a Asociación Cultural Fillos do Chaira.

A xornada comprende obradoiros, cantos de taberna polos locais participantes, así como unha foliada aberta para poñer fin á festa.

En concreto, o programa comeza ás 17:30 horas con dous obradoiros, un deles de Baile foliadeiro con Xabi Iglesias (10 euros) e outro de afinación e empalletado con Pepe Vaamonde (20 euros). As persoas interesadas en inscribirse poden chamar ao 634 83 52 88 ou enviar un correo a aoxeitogalego@gmail.com.

Ás 19:00 horas darán comezo os Cantos de Taberna nos que participan cinco grupos: Airiños da Fonda, Estoupacaldeiros, Son Outeiro, Son de Lugh e Os do 13.

A actividade volve ao Centro Sociocultural ás 22:00 horas onde haberá; unha degustación de petiscos, seguida do concerto de Paracetafolk ás 22:30 horas e foliada aberta a partir das 23:30 horas.

O Goberno local do Concello de Rábade agradece ao grupo local Axeigo a súa implicación para levar a cabo esta primeira foliada da primavera que agardan "sexa un éxito e poida ter continuidade", destaca a rexedora, Reme González.

Leer más

martes, 23 de enero de 2024

O Concello de Rábade acolle por vez primeira o Torneo de Judo Xogade

23012024xogaderabade

A alcaldesa de Rábade, Remedios González, acompañada polo concelleiro municipal de Deportes, Carlos González, o xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero Méndez, o delegado da federación lucense de Judo, Iván Carballeira, e o responsable da Escola Municipal de Rábade e mestre do Club Lvcus Dojo de Lugo, Alejandro Castro, presentaron hoxe o Torneo de Judo 'Xogade' que se vai disputar o vindeiro domingo 28 na localidade.

A competición está; organizada pola Federación Galega de Judo a través da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Rábade. É a primeira vez que a proba se desenvolve neste Concello lucense.

Está; previsto que participen no torneo preto de 350 rapaces e rapazas de entre 6 de 16 anos da zona da provincia de Lugo e da Comarca de Ferrol.

Trátase dunha proba única na que todos os participantes recibirán unha tarxeta pola súa asistencia e unha medalla.

O que se pretende con este tipo de proba é que os nenos e nenas entren en contacto con esta modalidade deportiva e teñan un primeiro achegamento á competición. Vai ser unha xornada de convivencia que se desenvolverá no pavillón municipal de Rábade en horario de mañá, entre as 11:00 e ás 14:00 horas. Xa pola tarde está previsto un adestramento aberto a quen queira participar.

Os clubs que participan na proba son os seguintes: Escola municipal de Rábade, Lvcvs Dojo, Lugokan, Judo Lugo, A.D. Muralla, Gimnasio Senra, A.D. Ferrolterra e Bitácora.

 

Leer más

Páxina 4 de 6,  57 contidos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es