Fondo cabecera Concello de Rábade

Actualidade

Páxina 2 de 3,  25 contidos

CURSOS DE MEMORIA E TEATRO PARA MAIORES

TEATRO23

O Concello De Rábade oferta dous talleres para maiores completamente gratuítos.

Dun lado, un taller de memoria que se vai celebrar os luns pola tarde no Centro Sociocultural.

Por outra banda, un taller de teatro que se impartirá os xoves en horario de mañá tamén no Centro Sociocultural.

Os maiores interesados en anotarse nalgunha destas actividades poden facelo desde hoxe mesmo no Departamento de Servizo Sociais do Concello de Rábade.

Son actividades dirixidas aos maiores, pero se algunha outra persoa está interesada en participar pode solicitar información no mesmo Departamento.

O prazo para formalizar a matrícula estará aberto ata o 28 de setmbro. O taller de memoria dará comezo o 2 de outubro e o taller de teatro o 9 de outubro (aínda que se celebrará os xoves en horario de mañá).

Leer más

PROGRAMA DE AXUDAS AO INICIO DO CURSO ESCOLAR (BECAS 2023/2024)

BECAS 24

O Concello de Rábade, abre o prazo para as solicitudes de axudas ao inicio do curso escolar, dirixidas atoda a poboación en idade escolar, dende infantil  ata rematar a escolarización obrigatoria.

As axudas van dirixidas a aquelas familias que estando empadronadas enRábade con tres meses de antelación ,  osseus fillos/as cursen estudos nos centros públicos do municipio e cumpran obaremo económico establecido a tal efecto.

O prazo para a solicitude remata o vindeiro 11 de outubro. Para máisinformación, poden dirixirse ao departamento de servizos sociais do Concello deRábade.

Leer más

INCIO DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

CARTEL 23

Dende o concello, un ano máis iniciamos as Escolas Deportivas para este curso 2023/24 co obxectivo de impulsar a práctica do deporte e fomentar a socialización e as relacións entre as nenas e nenos tan importante nestas idades.


 As inscricións pódense facer no Departamento de Cultura e Deporte do Concello en  horario  de 9:00h a 14:00h dende o día 1 ao 29 de setembro.

Leer más

REMATE DA TEMPADA DAS PISCINAS MUNICIPAIS

piscis

Hoxe día 31 de agosto ás 20:00h remata a dispoñibilidade do uso das piscinas.

Grazas a todas e todos os usuarios polo bo uso e comportamento nas mesmas. Agardamos que o disfrute fose do voso agrado.

Vémonos o ano que ven. Esperámosvos!!!

Leer más

PROGRAMA DAS FESTAS DE VERÁN 2023

Entra e descarga o Programa das Festas de Verán. Moitas actuacións e actividades para o disfrute de todas e todos do 7 ao 15 de agosto.

Ven e goza connosco!!!

Leer más

FESTAS VERÁN 2023

FESTAS VERÁN 23

O Concello organiza un ano máis as Festas de Verán 2023 cun amplo e variado programa de actividades esperando que sexan do agrado de todas e todos.

Rabafolc con Oscar Ibáñez &Tribo e TNT Tanto nos Ten

Orquestras: Compostela,  La Fórmula, Grupo Alba, Claxxon, Grupo Master, Trébol.

 Disco móvil Zona Zero, DJ Popi García......

Competicións deportivas, Día da Bicicleta, Subidón dos Avós, Día do Río, Esbatuxada polo río, Descarga Pirotécnica, Concerto de Bandas, Sesións de fogos de artificio, Concerto Pop&Rock, actuacións de maxia, humor, circo e espectáculo de Pompas Xigantes.

Esperámoste en Rábade do 11 ao 15 de agosto!

Leer más

XV CERTAME PINTURA RÁPIDA

isabell2023

Un total de 22 artistas participaron no XV Certame de Pintura Rápida que tivo lugar o sábado día 8 de xullo.

Isabell Seidel foi a gañadora do primeiro premio (1200€) e diploma patrocinado polo CONCELLO. O segundo premio, patrocinado por FINSA (800€) foi para Benigno Rodríguez Sánchez. O terceiro premio patrocinado por MERCONTROL AGROALIMENTARIA (600€) para Abraham Pinto Mendoza e o cuarto premio patrocinado por SARIEGO (500€) para Óscar Herrán Mínguez.

Os tres accésit de 100€ cada un foron para Miguel Tierra Rodríguez, Miguel Anxo Varela Díaz e José Luis Riestra Alonso.

Na entrega de premios estiveron presentes a alcaldesa, Remedios González Cabarcos, a concelleira  Pilar Dapena González, e os membros do xurado Anxo Barreiro e Raquel Bagán.

As obras premiadas quedan en propiedade dos patrocinadores e os accésit quedan en propiedade do autor ou autora.

Dende o 10 ata o 28 de xullo as obras estarán expostas no Concello en horario de 9:00 a 14:00h.

Leer más

XV CERTAME DE PINTURA RÁPIDA

PINTURA 2023

O 8 de xullo terá lugar unha nova edición do Certame de Pintura Rápida dende as 9:00 da mañá ata as 17:00h.

O Concurso está aberto a todas e todos os artistas maiores de 18 anos que desexen participar. As inscricións e selado das teas, serán gratuitas e realizaranse no Concello de Rábade o propio día do certame dende as 9:00h ata as 10:30h.

Leer más

FESTIVAL ENTREPONTES

I ENTREPONTES

O vindeiro día 13 de maio no Campo da Feira terá lugar o FESTIVAL ENTREPONTES con Dos en Punto, Pakolas (Rock Infantil), Taller de Baile Tradicional, De Ninghures, A Banda da Balbina, Grande Amore, Tecor Societário e Pacrispa DJ.

Entrada de Balde e acampada libre no Campo de Fútbol.

Leer más

PROGRAMA RAPATIANDO 2023 "RÁBADE CONCILIA"

raoa 2023

O Concello organiza un amplo e variado programa de actividades que dará comezo no mes de maio.

Campus de Patinaxe, Campamento Urbano, Campamento de Verán, Campamento Multiaventuras en Viveiro, Taller de "Manualidades e Creatividade" , Taller "Coñecendo o Miño, a súa flora e fauna...en piragua! e Taller de creación de Cabezudos.

As Inscricións faranse na Área de Cultura e Deporte en horario de 9:00 a 14:00h a partir do día 2 de maio e ata cubrir prazas.

Leer más

Páxina 2 de 3,  25 contidos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Rábade
Concello de Rábade
Rábade - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 390 062 / 982 390 952 | Fax: 982 390 411
E-mail: concello.rabade@eidolocal.es