Páxina 7 de 11, 104 contidos
jueves, 8 de agosto de 2024
O Concello de Rábade anuncia que o historiador galego Eduardo Pardo de Guevara y Valdés será este ano o encargado de pregoar as Festas Patronais, que se van celebrar entre os días 10 e 15 de agosto na localidade.
O Goberno local elixiuno como pregoeiro pola súa vinculación con Rábade dende que era neno onde pasaba longas tempadas coa súa familia do outro lado da ponte medieval, no Pazo de Mirapeixe, en Santa Mariña de Rábade.
A alcaldesa, Reme González, explica que se decidiu convidar a este estudoso tendo en conta que se achega o centenario de Rábade e el como historiador e especialista en heráldica foi o que deseñou o escudo e posteriormente a bandeira da vila.
O coruñés pronunciará o seu pregón o sábado día 10 de agosto ás 20:30 horas no balcón do Consistorio, na Praza 28 de maio. De seguido dará comezo o XXVIII RabaFolk.
lunes, 29 de julio de 2024
Seis días de Festas en Rábade con actividades e actuacións para todos os públicos.
jueves, 27 de junio de 2024
Consulta as bases e participa!
jueves, 13 de junio de 2024
O domingo 16 de xuño a Casa das Insuas acolle ás 13:30 horas o concerto de fin de curso 'O ritmo e a percusión nas cantigas de Santa María' aberto a quen queira asistir.
jueves, 13 de junio de 2024
Sábado 15 de xuño ás 20:00 horas na Casa das Insuas con entrada de balde.
O Concello de Rábade fai públicos os nomes dos gañadores e gañadoras do Concurso de Marcapáxinas convocado con motivo do Día das Letras Galegas 2024.
Páxina 7 de 11, 104 contidos